viernes, 28 de noviembre de 2014

-         Tedes que saber  que son as palabras sinónimas, antónimas e polisémicas. Debedes mirar a definición pero  o máis importante é saber buscalas, unilas, dar exemplos, facer frases con elas que amosen que sabemos o seu significado...
-          Saber usar a interrogación e exclamación. (Inventar preguntas para unhas respostas dadas, convertir oracións enunciativas en interrogativas ou exclamativas, empregar oracións exclamativas para expresar sentementos...)
-          Os nombres comúns e propios: encontralos en frases, clasificalos...
-          Ortografía c, z e qu
-         O adxectivo: escribir adxectivos para un nome, buscalos en frases...
-          Contar unha anécdota 
- Vocabulario do outono e o Nadal

viernes, 14 de noviembre de 2014

Descrición para debuxar

Esta é unha paisaxe rural de montaña. No centro da imaxe hai un camiño longo de terra. Onde acaba o camiño vemos una casa grande e amárela.
A dereita da casa hai un bosque enorme e por detrás da casa asoman as montañas nevadas.
Á esquerda do camiño pasta un rabaño de ovellas

É unha imaxe dunha paisaxe rural de costa. Á dereita vemos un pobo pequeno cheo de casas baixiñas de diferentes cores. Por detrás das casas asoma o campanario dunha igrexa.

Á esquerda vemos unha veira rúa e á súa esquerda unha praia con catro barcas azuis na area e duas vermellas no mar.

martes, 11 de noviembre de 2014

Vocabulario de outono cun aire bélico

Xa levamos uns días traballando co vocabulario do Outono. Vímolo, escribímolo, xogamos coas pezas xuntando palabras e rimas ...
Agora quero que vos entreteñades e repasedes ese vocabulario usando este xogo.
Preme e xoga

Ordena estas letras e forma palabras de Outono. Preme

Non vos conto a cantidade de pezas que recortei na casa para poder repasar unha vez máis o vocabulario do outono pero cando menos servíu para que o parenderades ben e para que participasedes nunha actividade un tanto diferente do que se fai normalmente no cole. Desfrutáchedela?