lunes, 19 de octubre de 2015

Exame de galego Temas 1-2

Xa nos acercamos ao primeiro exame de Galego. Que tedes que repasar?

Hai que mirar ben os temas un e dous repasando moitísimo o relacionado coas sílabas, a sílaba tónica, suxeitos e predicados...en resumo, repasar ben o feito en clase.
Desta vez, para darvos un pouco de marxe non vos imos mandar aínda clasificar as palabras pola súa acentuación agás as agudas, do resto ocuparémonos máis adiante.

viernes, 9 de octubre de 2015

Enquisas



 

Os nenos e nenas de 4ºA elaboraron unha serie de enquisas e escribiron un informe coas súas conclusións. Tende en conta que non todas están rematadas. Irémolas acabando nestes días.

  Preme para ver o informe

lunes, 2 de marzo de 2015

Exame tema 7

Esta vez debedes repasar o seguinte:
-Prefixos in- e des- (decidir se unhas palabras dadas levan ou non prefixo, formar antónimos usando esos prefixos e indicar o significado dunhas palabras dadas )
- Tódolos tipos de determinantes que demos: artigos, demostrativos, posesivos e numerais.(buscalos nun texto, clasificalos, dar exemplos,encher cun tipo de determinante concreto...)
- Todas las clases de palabras dadas: determinantes, nomes e adxectivos.(buscalos nun texto, clasificalos, dar exemplos,encher cun tipo de palabra concreto...)
-Definición de palabras (Non se pode empezar diciendo "é como...", no podemos usar "cousa" para todo, senón un lugar, unha ferramenta...)
- Ditado (todas as normas ortográficas dadas)
- Vocabulario relativo ao fogar ( encher ocos, relacionar con debuxos...)

miércoles, 4 de febrero de 2015

Examen 12 de febrero

Neste exame entrarán:
- Uso de r, rr, uso de -nh-. (No dictado ou en palabras para completar)
-Xénero e número. Indicalo en exemplos dados, cambiar palabras de xénero e/ou número.
- Palabras derivadas : Formar palabras derivadas a partir dalgunas primitivas, distinguilas e dar exemplos. Buscar a palabra da que proveñen.
-Atopar nomes, adxectivos e determinantes nun texto ou unhas frases
- Clasificar determinantes dados ou escribir un tipo de determinante concreto.
- Contraccións: identificalas en textos ou frases, formalas a partir dun determinante e unha preposición dadas, indicar o determinante e preposición que as forman
- Escribir unha opinión.
- Vocabulario do inverno (fenómenos meteorolóxicos e prendas) e na páxina 100 vocabulario relacionado con tendas e produtos.

viernes, 28 de noviembre de 2014

-         Tedes que saber  que son as palabras sinónimas, antónimas e polisémicas. Debedes mirar a definición pero  o máis importante é saber buscalas, unilas, dar exemplos, facer frases con elas que amosen que sabemos o seu significado...
-          Saber usar a interrogación e exclamación. (Inventar preguntas para unhas respostas dadas, convertir oracións enunciativas en interrogativas ou exclamativas, empregar oracións exclamativas para expresar sentementos...)
-          Os nombres comúns e propios: encontralos en frases, clasificalos...
-          Ortografía c, z e qu
-         O adxectivo: escribir adxectivos para un nome, buscalos en frases...
-          Contar unha anécdota 
- Vocabulario do outono e o Nadal

viernes, 14 de noviembre de 2014

Descrición para debuxar

Esta é unha paisaxe rural de montaña. No centro da imaxe hai un camiño longo de terra. Onde acaba o camiño vemos una casa grande e amárela.
A dereita da casa hai un bosque enorme e por detrás da casa asoman as montañas nevadas.
Á esquerda do camiño pasta un rabaño de ovellas

É unha imaxe dunha paisaxe rural de costa. Á dereita vemos un pobo pequeno cheo de casas baixiñas de diferentes cores. Por detrás das casas asoma o campanario dunha igrexa.

Á esquerda vemos unha veira rúa e á súa esquerda unha praia con catro barcas azuis na area e duas vermellas no mar.